Pex Educacion
Son Pancho Extremadouro, educador social, director de tempo libre e docente cunha traxectoria de máis de 30 anos en proxectos sociais, educativos e de animación sociocultural.
Dende o primeiro campamento o que fun de monitor no ano 1989 ao longo destes anos coordinei proxectos e equipos de traballo moi diversos e en actividades de todo tipo.
Actualmente traballo como consultor de proxectos para administracións públicas e privadas e, día a día, sigo aprendendo. A formación é e será a miña vocación. Espero que este curso sexa enriquecedor e proveitoso.